CD Rábade
Se queres publicar un artigo, unha nota, unhs comentarios, fotos ... só tes que facer o envío ao seguinte enderezo:
cdrabade@gmail.com
Se observas algun comentario, opinión ... desacertado/a, por favor, fainolo saber
MUNDOENTRENAMIENTO: Á mellor revista online sobre a Educación Física e o Deporte
*Him, unha estrela finesa de agora mesmo, contemporanea, que fai verdadeiras obras maestras. E para mostra un botón como pode ser"Wings of a butterfly":
*Luar na Lubre, facendo marabillas, como sempre, coa nosa poesía e a nosa música, neste caso con máis facilidade pois contaban aínda coa extraordinaria Rosa Cedrón.
*NNEKA, unha artista medio alemana-medio nixeriana que é xa a grande realidade dun soul aderezado con ritmos hip-hop e mesmo reggae. Deixo un enlace a un video, que compuxera para a promoción do pasado Mundial de Futbol de Sudáfrica.
Consultade as súas actividades e se podedes asistide a algunha das súas funcións. Merece a pena.
Libros
Memorias de Adriano
De Marguerite Yourcenar e traducida ao español por Julio Cortázar. Unha obra xenial coa garantía dunha traducción impecable.
Corazón de chocolate
Un libro en lingua galega, de Jaureguizar, con ilustracións de Matalobos, publicado por Xerais. Un libro que, coidando moito a linguaxe, é de moi fácil lectura.
Fahrenheit 451
Unha novela de Ray Bradbury, da que se fixo a versión cinematográfica dirixida por François Truffaut. Presenta unha sociedade distópica na que está prohibido ler. Encontraredes grandes sorpresas. Unha marabilla que todos deberíamos ler.
Cinema.
Deixovos un enlace sobre o que está a acontecer no mundo da cultura, en xeral, e do cinema, en particular: