Abandono do concello de Rábade
27.02.2012 12:44O actual alcalde, Francisco Fernández Montes, é un político que merece todos os meus respetos; primeiro por ser o alcalde electo dun concello como Rábade, segundo, porque é independente, á marxe do PP ou PSOE e se me apuran incluso bo BNG. Claro que sempre hai a "excepción a regla" e neste caso, o alcalde, non é quen de entender que a práctica deportiva e o exercicio físico non son actividades exclusivas da idade escolar ou de asociacións ou grupos profesionais. Todo o contrario, xa no 1946 a OMS (Organización Mundial da Saúde) referíase ao termo saúde, advertindo que non pode entenderse só como a ausencia de enfermidade, senón como un estado completo de benestar físico, mental e social.
Ben, nós somos un equipo de veteranos, que "acollemos" a xogadores de futbol de máis de 30 anos) que deixan a actividade puramemte competitiva para seguir cunha practica e unhas actividades que curiosamente son demandadas continuamente polas autoridades deportivas e sanitarias dos países occidentais. Que isto non sexa detectado e valorado no concello de Rábade é un problema de base, importante. Que se retire a pírrica asignación para o mantemente do Catro Ventos, agrava o anterior máis aínda, pero, que se permita a entrada indiscriminada ao campo de persoas que "machacan" literalmente o campo, é a evidencia de que ademáis de non entender, despreza o deporte, a educación física e as prácticas saudables da poboación "senior" que se desenvolve no concello do que é rexidor municipal. Isto non é de recibo. De non ser polos 20 anos que o CD Rábade de Veteranos o leva "aguantando" hoxe sería unha selva urbana ou uns bloques de edificios. O que o noso compañeiro Piris leva traballado alí, nunca será recoñecido, e menos recompensado por ningún político de despacho. Para mostra... un botón.
Sobre este tema pódese e débese rectificar. Estamos en crise, pero iso non pode ser o pretexto para ignorar a realidade. Se o concello tiña unha partida de 1.000 € para manter un campo de herba natural, vese a leguas que xa era máis ca insuficiente, ridícula, pero é que, se a supresión presupuestaria se lle engade a total permisividade para cos rapaces e non tan rapaces, que "por libre" desfán o que a outros nos costa moito facer, a cousa non ten nome.
Sr. Alcalde: está nas súas mans resolver, facilmente, un problema que ten solución, unha solución que parte de ter un chisquiño de sentido común.
JC.
———
Volver