Os liscos de Fina e Gonzalo Soto
09.03.2012 13:23Gonzalo Soto
Este home ben merece un recoñecemento do deportivismo do exterior, aínda que ben próximo, coma neste caso, dende a cidade das murallas, veciña , amiga e irmá, pero que, o mesmo tempo e quen, as veces, de repudiar á metrópoli herculina, disque pola chulería que adoitan mostrar algúns que din que son de “La Coruña” e que “el gallego no te lo entienden allá moi bien”, e que, desgraciadamente, un, que ten a maior parte da familia, amigos e o máis grande clube de futbol da “Gallaecia” que un día pretendeu os seus servizos, puido comprobar en máis dunha ocasión. Sempre digo que son ises, precisamente, os que renegan do Dépor para seren os máis ferventes seguidores de Mourihno e Guardiola e que entrarían en estado ansioso-depresivo se escoitaran aquilo de que o equipo galego venceu aos madrileños ou aos cataláns.
Gonzalo Soto, periodista dos de verdade, deportivista e amigo da miña cidade. Na revista Depor Sport do 18 de xaneiro do 2007 publica un artículo magnífico, “Dende o jalejismo galego ata os liscos de Fina” que case ao final di:
“É certo o refrán ...e para xantar Lugo , unha cidade onde se respira deportivismo. Moitas e variadas son as maneiras de papear na cidade do Santísimo, quédome con unha tasca da rúa Pintaroxo, do barrio de Albeiros, a de Fina, un lugar atendido por unha muller agradable no trato. A súa única preocupación son os seus clientes. Alí saboreei os máis preciados liscos-panceta frita-que endexamais comín en outro lugar. Recoméndolle...)" Continuaba Gonzalo recomendándolles a todos que visitaran este sitio tan peculiar, acto ao que me sumo, engadindo que o que di ao respecto dos liscos vaille pintadiño aos callos que prepara tamén esta luguesa, non sabemos se romana ou castrexa.
Grazas Gonzalo.
JC
———
Volver