Apostamos polo futbol
22.11.2011 12:02
Apostar polo fútbol non é apuntarse ao carro do estilo Guardiola, Del Bosque ou Luís Aragonés na súa versión de "La Roja". Cousa relativamente fácil neste mundo oportunista e de poucos principios. Apostar polo fútbol ao noso nivel é disfrutar del, e non empregalo como pretexto para acadar só resultados a base de ignoralo en pro da marrullería e do "todo vale" cuán equipo profesional ao máis puro estilo Bilardo ou Mourinho.
Que non somos profesionais! A ver si se enteran algúns árbitros, que si o son, polo menos en parte, xa que sacan rendementos económicos do seu labor e nós, no mellor dos casos unhas tarxetas por queixármonos e con toda seguridade unha boa colección de golpes nas pernas ou donde se tercie. É inconcibible que algún xogador, nunha liga de fútbol veterano, como a nosa, acabe un partido cunha amarela ou incluso totalmente impoluto ao respecto de amoestacións despois de pasarse o partido "repartindo" unha si e a outra tamén. A que non tedes que facer moita memoria para recordar casos desta índole?
Apostamos pola deportividade e pola estética no xogo, polo compañeirismo e a nobreza co rival, que non inimigo.
A ver se algúns can da burra e toman nota.
Noutro momento desenvolverei máis estes apuntamentos, ou como se diría nunha serie televisiva..."continuará".
JC.
———
Volver