CD Rábade
Como diría Regabaixo, somos unha equipa, en ocasións... unha grande equipa, que valoramos por encima doutra cousa, os valores do deporte, do futbol en concreto, a amizade, o compañeirismo, sen que iso supoña renunciar a acadar uns resultados deportivos que tempada tras tempada fan que esteamos entre os mellores. Respeto entre nos mesmos, aos rivais, divertirse xogando ao futbol e se pode gañar o partido...mellor que mellor. Non?
Os membros da equipa: accede a través do enlace seguinte: www.cd-rabade.es/a-equipa-de-futbol/ ou clicando na subpáxina "A EQUIPA" que está a vosa dereita desta mesma páxina (debaixo de "Menú")
O noso campo: Habitualmente xogamos no Catro Ventos, en Rábade, en grande medida grazas ao traballo de Piris que coa axuda do Concello, alguhna empresa de Outeiro de Rei e de compañeiros como de Fernando, José ou Tito, converteuse nun campo que deixaba bastante que desexar noutro bastante aceptable. É unha pena que ao ser municipal estea aberto a que grupos de persoas non federadas, nin rexistradas fagan un uso, moitas veces irresponsable do terreo de xogo. Ben sabedes, que un terreo de xogo non soporta os partidos e mailos entrenamentos, por moitos coidados que se lle dispensen.
O proxecto do CD Rábade.
Somos un clube de futbol veterano, pero somos tamén unha asociación de amigos que nos xuntamos para practicar o futbol, os correspondentes terceiros tempos e como non para irmos a cear, repasar a actualidade e botar unhas cantigas, se o Grande Capitán está polo labor.
Os nosos amigos e colaboradores
Desde o seguidor número un, Suso, pasando por Regabaixo, Victor da Bodega San Vicente, ex compañeiros como Machado ou Javier, ata todo a pobo da parroquia de Sisoi que nos acolle no seu local social, irán tendo niste espazo o noso recoñecemento de xeito individualizado. Quen será/n o/s primeiro/os?